FACEMOS PLASTI CASEIRA!

Onte tivemos co profe Iván un obradoiro moi divertido. Fixemos plasti caseira! Que ben o pasamos! 

Para facela, seguimos estes pasos:
  • Primeiro mesturamos fariña, aceite e auga, amasando todo para conseguir unha pequena pasta.
  • Unha vez amasados todos os ingredientes, démoslle cor á nosa masa con pintura de dedos. Cada neno/a escolleu a cor que quixo e volveu a mesturar ben todo.
  • Finalmente, cada un/unha xogou co seu anaco de plasti caseira, deixando voar a súa imaxinación e  creatividade.

Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades que ben o pasamos neste obradoiro de experiencias.