O DÍA DA INFANCIA!

Hoxe, 20 de novembro, celebramos o día do neno. O Departamento de orientación do centro propúxonos unha dinámica moi entretida para coñecer os nosos deberes e tamén as nosas responsabilidades. 

Esta actividade consistiu en escribir os nosos nomes nuns pés de papel de cores. Unha vez escritos, acudimos ao corredor do colexio para ver uns carteis que había no chan e que se correspondían cos dereitos do neno/a (igualdade, educación, amor ...). 


Cada neno/a puxo o seu pé no dereito que máis lle gustou, formando así un camiño de cores espectacular. 

Finalizado o camiño dos dez dereitos, chegamos a un panel onde se amosaban as nosas responsabilidades, como por exemplo ir á escola ou respectarnos.