O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ!

Para festexar a celebración do Samaín, os nenos e as nenas de 3 anos decoramos as nosas portas da aula. Quedáronnos xenial!Que medo dá pasar ao seu carón!

Esta é a porta de 3 anos B.


E esta é a de 3 anos A.


Ademais de decorar as portas, axudamos a adornar o corredor do colexio coa exposición das nosas cabazas. Quedaron espectaculares!





Para traballar o Samaín, aprendemos a canción "Corre, corre cabaciña"

E tamén fixemos as nosas caretas de cabaza, Que medoooooooo!