PAN

Os venres estanse a converter no noso día favorito da semana. Temos taller co profe Iván!!!
Esta vez fixemos pan con dous cereais que xa o venres anterior coñecéramos; trigo e millo. Primeiro moemos os cereais e puidemos comprobar a cor e textura diferente.



Despois puxémonos ao choio e comezamos coa receita. Medimos todos os ingredientes e mesturámolos. Despois amasamos ben e démoslle forma aos nosos pans.


Quedáronnos deliciosos!!🔝😋😋😋