Hoxe tivemos con nós a Rebeca, nai de Mayra Misa de 3 anos. Acudiu ao cole para facernos un obradoiro de xardinería! Que ben o pasamos!
En primeiro lugar, puxemos unha pouca terra nunhas macetas. Logo, engadimos as sementes de flores e volvemos botar máis terra para tapalas.
Finalmente, pulverizamos unha pouca auga para así darlles vida!
Que grandes xardineiros e xardineiras somos!
Rebeca, moitas gracias pola túa visita! Encantounos!



No hay comentarios:
Publicar un comentario