Os nenos e as nenas de 4 anos convertémonos en exploradores por unhas horas.
Coa chegada do outono, decidimos saír ao exterior para investigar e explorar o noso contorno máis próximo, recollendo diferentes elementos da natureza.
Atopamos moitas cousas: pedras, follas, landras, paos, ourizos, un niño de paxaros ... e ata encontramos pel de serpe!
Con todos estes elementos, fixemos unha clasificación para así separalos en grupos. Logo experimentamos con todos eles na mesa de luz.
Que ben o pasamos!





No hay comentarios:
Publicar un comentario