Para conmemorar o Samaín, o equipo de complementarias pediunos que analizaramos ou inventaramos un conto. A clase de 4 anos A decidimos que era mellor crear unha historia nós mesmos, polo que nos puxemos mans á obra.
Este foi o resultado:
Título: A vasoira máxica.
Argumento: Había unha vez un monstro de tres cabezas e tres brazos. Un día, atopouse cunha bruxa que tiña unha vasoira. Estaba triste porque a vasoira estaba dobrada e nunca máis podería voar.
O monstro decidiu axudarlle, e chamou a un morcego e a unha momia que trouxeron ferramentas, papel e brillantina para arranxala.
A bruxa púxose moi contenta e voaron todos xuntos na vasoira máxica.


No hay comentarios:
Publicar un comentario