O venres pasado, as nenas e os nenos de 4 e 5 anos fomos á praza de abastos de Gondomar. Alí mercamos diferentes verduras e hortalizas para plantar no noso horto: allos, fabas, chícharos, repolos, verzas e brócoli.
Hoxe puxémonos mans á obra:
- En primeiro lugar, os nenos e nenas de 5 anos sachamos a terra, preparándoa así para a súa posterior plantación. Ademais, dividimos o terreo en varias partes, organizando moi ben o espazo.
- Logo, fomos os nenos e nenas de 4 anos e plantamos allos, verzas e repolos.
- Finalmente, tivemos unha axuda moi importante: as nenas e os nenos máis pequerrechos do colexio, os de 3 anos, acabaron de sementar fabas, chícharos e brócoli.
Agora só nos queda coidar moi ben o noso horto e ... esperar!








No hay comentarios:
Publicar un comentario