Como xa sabedes, hoxe festexamos o día da Paz. Para conmemorar este día tan importante, fixemos moitas cousas:
- Creamos un flashmob todo o alumnado de educación infantil e 1º de primaria, o que supuxo preparar moitos materiais para poder levalo a cabo. Este vídeo xa está colgado na páxina do cole, polo que podedes velo nas vosas casas.
- Fixemos un arco da vella da paz todos os nenos e nenas de infantil.
- Merendamos todos os actores e actrices xuntos do flasmob.
- Todo o alumnado do colexio cantamos e bailamos a canción "Apertas que voan", empregada para o noso vídeo.
- Escribimos nuns corazóns palabras e/ou mensaxes relacionadas coa paz, para logo pegalos todos xuntos.
Os nenos e as nenas de 4 anos fixemos estes corazóns tan chulos. Esperamos que vos gusten!
Ademais, despois de recreo acudimos á clase de 3º de primaria para explicarlles e ensinarlles o noso flashmob da paz. Cremos que lles encantou!
Familias, o alumnado de 4 anos deséxanvos un moi bo feliz día da Paz!







No hay comentarios:
Publicar un comentario