Experimentando...


FACENDO SLIME

Despois do éxito que tivo xogar e experimentar co slime (ou masa sensorial) na aula de experiencias, as nenas e nenos pedían con moita énfase poder facelo eles mesmos!
E a semana pasada a iso nos puxemos... así que si, esa cousa viscosa que chegou a casa é slime!!

Para conservalo debedes gardalo nunha bolsa plástica sen aire ou envolvelo en papel film. Despois de usala un par de veces estropease.
Aquí vos deixamos a receita por se queredes probar a facelo na casa:
- 1 bote de cola branca
- colorante en xel (para darlle cor)
- 2 cullaradas de bicarbonato
- líquido de lentillas (isto haino que ir botando pouco a pouco e removendo ata conseguir a textura axeitada; que se despegue do recipiente no que o fagades)
- espuma de afeitar (para que se faga máis grande, ó gusto)

Neste vídeo amósase como facelo; é a receta nº 4: https://www.youtube.com/watch?v=-KPM-W12nvs

E despedímonos cunhas fotos deste taller en experiencias! 
Un saúdo!











No hay comentarios:

Publicar un comentario