Na AULA DE EXPERIENCIAS...
Durante este mes de marzo retomamos de novo unha actividade que nos encanta: experimentar e aprender na aula de experiencias!
Xa a botábamos de menos...
Esta vez tivemos cinco recunchos con: boliñas de auga, bloques de construción xigantes, macarróns de cores, lámpada de luz negra con material fosforito e fixemos "neve" artificial ademais de pintar con xeo de cores.
Aquí vos deixamos unhas fotiños.
Esta aula encántanos ás profes e a pequenos e pequenas!











No hay comentarios:
Publicar un comentario