SALVEMOS O PLANETA

PROXECTO NOVO

Temos algo que contarvos!!

Aínda que quizás xa o saibades polos peques... Tiñamos que anunciarvos que as nenas e os nenos de 5º e 6º de Infantil temos unha GRAN MISIÓN: 
"SALVAR O MEDIO AMBIENTE"

Neste 3º trimestre estamos traballando o coidado do medio e a importancia da natureza a través dun PROXECTO que nos vai permitir aprender dun xeito diferente e no que poñemos en valor aspectos como o traballo en equipo, a responsabilidade compartida, a capacidade de comprensión, saber escoitar, respectar ós demais, reflexionar sobre os problemas ambientais... 

O comezo do proxecto sitúase fai unhas semanas atrás, cando unha "misteriosa carta" chega á Policía Nacional de Vigo... É da Koala Catuxa, que precisaba a nosa axuda para salvar o mundo da contaminación. 
Unha vez que Catuxa aparece, tamén as Capitanas Eco-Friendly se convirten nas axudantes do alumnado para superar as misións! 

Aquí vos deixamos os vídeos de presentación do PROXECTO! E outro tamén para reflexionar sobre a nosa actuación no medio que as nenas e nenos xa viron...

Inicio PROXECTO MEDIO AMBIENTE

Que estamos facendo co noso planeta?

Pronto vos contaremos máis!

Ah... e non olvidedes que vós tamén podedes colaborar nesta tarefa tan complicada! 

Un saúdo, 

AS CAPITANAS ECO-FRIENDLY

No hay comentarios:

Publicar un comentario