SALVEMOS O PLANETA



Boas amigos e amigas medioambientais!!
Por fin chegamos á MISIÓN 3. Estabamos desexando que Catuxa contara con nós para seguir coidando o planeta...

Nesta misión tan complexa foi necesario superar dous retos:
RETO 5: SCAPE ROOM. Nesta proba tivemos que entrenarnos moi duramente para ir resolvendo enigmas, abrindo caixas e así poder chegar a tempo para desactivar unha bomba supercontaminante!
RETO 6: SAÍDA RÍO MIÑOR. Non adiantemos resultados pero... esta proba foi xenial! Ademais de pasalo estupendamente, puidemos coñecer a nosa contorna máis próxima. Había que ir resolvendo miniretos escondidos en códigos QR e, tras moito esforzo... Logramos chegar ó final e conseguir os nosos carnés de...
SUPERHEROE E SUPERHEROÍNA AMBIENTAL!!

E agora si que si... xa case chegamos ó final e pronto nos teremos que despedir da Koala Catuxa! Que pena... co ben que se nos dá isto de coidar o medio ambiente!
Pero antes espéranos un reto final moi importante... Pronto volo ensinaremos!! 


Neste enlace que vos deixamos podedes ver o vídeo da Misión 3! 


Recordade o noso lema: COIDA O PLANETA E NON CONTAMINES. 
Somos un exemplo a seguir. Busquemos a maneira de deixar un planeta mellor para os nosos chaniños e chaniñas!

Ata pronto! 
AS CAPITANAS ECO-FRIENDLY

No hay comentarios:

Publicar un comentario