QUE É A PRENSA?
Para que unha aprendizaxe sexa significativa partimos dos coñecementos previos que os peques teñen sobre este tema. Para iso formulamos varias preguntas;
- Que é este obxecto?
- Para que serve?
- Que podemos atopar dentro dun xornal?
- Son todos iguais?
- Vistes algunha vez un?
- Que podemos facer con eles?
_ ...
Unha vez escoitadas todas as súas respostas exploramos libremente diferentes tipos de prensa e falamos sobre o que é un xornal, para que serven, o que é unha noticia, a publicidade, as viñetas de humor, os anuncios, o deporte, o tempo, os pasatempos, a reciclaxe ...
Reciclando xornais iniciamos unha actividade de cohesión na que se divertiron xogando xunt@s, compartindo ideas, imaxinando que chovían noticias, que nadaban na prensa, escondíanse , metían a cabeza dentro do xornal, inventábanse o que poñía nos textos, tirábanse noticias uns aos outros, durmían ...
Os berros, as risas e as follas dos xornais encheron toda a aula.
Despois desta motivación tod@s querían escribir noticias, crear un xornal de aula, saír nas fotos da prensa ou inventarse historias.
Nada como unha boa motivación para querer facer cousas !
Fomentamos con estas actividades a curiosidade, a aprendizaxe funcional, significativa, útil, para a vida... o fomento da lectura, a creación de textos, a aproximación á lectoescritura, a cooperación, o sentimento de grupo, os tipos de xornais, as diferentes sección do periódico, a importancia de estar ben informados, a reciclaxe ...
Cando na miña aula aparece un xornal as cabezas dos nen@s enchense de bonitos recordos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario