DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO DE 2023     -    DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para esta celebración o alumnado de 3 anos participou en varias actividades .

Escoitamos un conto sobre a vida de Rosalía, cantamos o seu poema do Moucho, plantamos pensamentos, descubrimos as camelias e participamos no acto organizado polo concello de Gondomar e o IES Auga da Laxe .

O primer libro que escribiu Rosalía foi `` La Flor ´´ e temos unha variedade de Camelia que leva o seu nome. 

E se mesturamos os poemas de Rosalía , as Camelias e facemos un caldiño de flores ?

Puxemos a música de Uxía en Rosalía Pequeniña, cortamos, pintamos, esmagamos, aplastamos, rasgamos, disfrutamos dunha choiva de pétalos, falamos sobre as partes da planta, escribimos , buscamos letras, observamos, comparamos, cheiramos, descubrimos e sobre todo... XOGAMOS. 

`` Nasín cando as prantas nasen,

no mes das froles nasín,

nunha alborada mainiña,

nunha alborada de abril.

Por eso me chaman Rosa,

mais a do triste sorrir,

con espiñas para todos,

sin ningunha para ti. ´´


Rosalía está sendo todo un éxito , creo que xa ten 15 novos fans.


Pica na imaxe para ver o vídeo



No hay comentarios:

Publicar un comentario