SEMANA DA PRENSA

                                    QUE É A PRENSA?


Para que unha aprendizaxe sexa significativa partimos dos coñecementos previos que os peques teñen sobre este tema. Para iso formulamos varias preguntas;

- Que é este obxecto?

- Para que serve?

- Que podemos atopar dentro dun xornal? 

- Son todos iguais?

- Vistes algunha vez un?

- Que podemos facer con eles?

_ ...


Unha vez escoitadas todas as súas respostas exploramos libremente diferentes tipos de prensa e falamos sobre o que é un xornal, para que serven, o que é unha noticia, a publicidade, as viñetas de humor, os anuncios, o deporte,  o tempo, os pasatempos, a reciclaxe ...


Reciclando xornais iniciamos unha actividade de cohesión na que se divertiron xogando xunt@s, compartindo ideas, imaxinando que chovían noticias, que nadaban na prensa, escondíanse , metían a cabeza dentro do xornal, inventábanse o que poñía nos textos, tirábanse noticias uns aos outros, durmían ... 


Os berros, as risas e as follas dos xornais encheron toda a aula. 


Despois desta motivación tod@s querían escribir noticias, crear un xornal de aula, saír nas fotos da prensa ou inventarse historias. 

Nada como unha boa motivación para querer facer cousas !

Fomentamos con estas actividades a curiosidade, a aprendizaxe funcional, significativa,  útil, para a vida...  o fomento da lectura, a creación de textos, a aproximación á lectoescritura, a cooperación, o sentimento de grupo, os tipos de xornais, as diferentes sección do periódico, a importancia de estar ben informados, a reciclaxe ...

Cando na miña aula aparece un xornal as cabezas dos nen@s enchense de bonitos recordos.


Pica na imaxe para ver o vídeo


No hay comentarios:

Publicar un comentario