Onte, os nenos e as nenas de 3 anos fixemos un obradoiro moi chulo co profe Iván. Durante un anaco, convertémonos en bruxos e bruxas.
Creamos varios ingredientes para facer as nosas apócemas para Samaín: con auga e pintura de dedos fixemos sangue, mexos, gotas de ceo e mocos de troll. Iván tamén nos deu outros como area do deserto, terra de lúa e cagarrutas de sapo.

Unha vez que xa tiñamos todos os ingredientes preparados, comezamos a experimentar con todos eles e a crear as nosas apócemas. Que ben o pasamos!