Os nenos e as nenas de 3 anos fixemos un mural moi divertido para fomentar unha das nosas linguas, o galego. Escribimos coas nosas mans unha mensaxe moi especial: "O CHANO EN GALEGO".
En primeiro lugar, pintámonos as mans con pintura de dedos de diferentes cores.
Logo, estampamos as mans no papel para así escribir o noso lema.
Finalmente, este foi o resultado ... Quedounos xenial!