TALLER: COMO SE FAI O PAN?

A semana pasada, co profe Iván, os nenos e nenas de 3 anos fixemos un taller moi interesante. Para empezar experimentamos con 3 tipos de cereais.



Despois chegou o momento de moer o trigo e o millo para facer a fariña.

Para continuar mesturamos todos os ingredientes que necesitabamos para facer o pan

E así de ben amasamos as nosas boliñas de pan que despois metimos no forno.

E este foi o resultado final, que rico!!!!!!!