Hoxe seguimos xogando coas masas. Neste caso, fixemos masa de nube! Que ben o pasamos creando! Para facela, empregamos fariña e espuma de afeitar.
Unha vez feita, experimentamos con ela e xogamos a construír, destruír, reconstruír ... utilizando tamén recipientes da cociña, tales como culleres, vasos, tazas ...
Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos neste obradoiro!