PLASTI CASEIRA

Aquí deixámosvos unhas fotiños do taller deste venres, fixemos plasti caseira! Que ben o pasamos! 

Para facela, seguimos estes pasos:


  1. Primeiro mesturamos fariña, aceite e auga, amasando todo para conseguir unha pequena pasta.
  2. Unha vez amasados todos os ingredientes, démoslle cor a nosa masa con témpera. Cada neno/a escolleu a cor que quixo e volveu a mesturar ben todo.
  3. Finalmente, cada un/unha xogou co seu anaco de plasti caseira, deixando voar a súa imaxinación e  creatividade.