Recordos de 4ºB E. Infantil

 Rematou o curso e a ``familia de 4ºB´´ de educación infantil xuntouse para ver una pouco do que fixemos ao longo do noso primeiro curso xuntos. 

Foi un bonito encontro no que a aula se convertiu nunha sala de cine e familias, nen@s  e mestra nos sentamos a disfrutar das pelis, tomamos un pequeno aperitivo , sacamos fotos para o recordo ( todo un éxito estas polaroid  ) creamos un bonito álbum e falamos un rato das sensacións, desexos, recordos... 

Grazas a todas as familias por crear un ambiente tan marabilloso, ou como diría Alma `` Maramilloso ´´

Non sería posible sen vós.

Agora toca encher as vacacións de bonitos recordos:  Noites observando estrelas, días de praia, concertos, voar cometas, facer xeados, visitar novos recunchos, pintarse de cores, facer cabanas, buscar tesouros... 

Feliz verán a tod@s!  

( pincha na imaxe para ver o vídeo )


No hay comentarios:

Publicar un comentario