Stop Motion PERDIDO?

 Este ano o proxecto do centro era o cine e a titora de 3 anos B xunto coa mestra de religión Vanesa  decidimos facer un Stop motion . 

Escollemos varios contos para que os nenos/as votaran cal se faría , fixemos un recuncho de gravación , preparamos o guión  , traducimos o texto ao galego, gravamos os textos cos nen@s, fixemos os debuxos do conto para o guión, aprendemos a mover os personaxes moi lentamente, fixemos fotos... 

Por fin, despois de 6 meses de traballo e miles de fotos ...rematamos a nosa curtometraxe. O resultado superou as nosas espectativas e estamos moi orgullosas do traballo dos pequechos. 

A curta dura 7,40 minutos e foron necesarios 6 meses de traballo e 2.258 fotografías ( sen contar as que foi necesario borrar ) .

Xustificación pedagóxica:

  • Traballamos o conto``Perdido? ´´ de Oliver Jeffers .
  • Colaboramos co proxecto do centro.
  • Aprendemos o texto en galego.
  • Memorizamos e gravamos a nosa frase. 
  • Mantivemos silencio durante as gravacións.
  • Respectamos os turnos de participación.
  • Tivemos control  motriz á hora de facer ás fotografías.
  • Aprendemos a facer movementos pequenos , lentos dos personaxes e obxectos.
  • Aprendemos que hai cousas que requiren de moito tempo de espera, paciencia e traballo.
  • Fomos mirando como evolucionaba  a nosa curta e emocionounos  oír a nosa voz na pantalla ou que as nosas personaxes se moveran soas.
  • Preparamos os distintos escenarios.
  • Debuxamos as distintas escenas.
  • Xogamos coas luces ,
  • Xogamos coas personaxes a inventarnos novas historias.
  • Compartimos un día de cine  coas familias para a estrea da curtametraxe  e facemos un libro de fotos para o recordo.
  • Utilizamos o móbil para facer fotos e gravar os textos, aros de luz, focos, retroproxector, lanternas...
  • Ampliamos vocabulario relacionado co texto.
  • Traballamos as emocións a través das personaxes.
  • Traballamos habilidades de pensamento :
    •  De onde puido saír ese pingüín? 
    • Que farías tí se atopas un pingüín na porta da túa casa ?
    • A quén lle pedirías axuda?
    • Que sabes dos pingüís? Cuidados, alimentación, necesidades...
    • Porqué estaba só? 
    • Que necesitamos meter nunha maleta para viaxar en barco ata o Polo Sur?
    • ...
Parabéns a todo o alumnado por tanto traballo e esforzo.

                                                                PERDIDO ?  OLIVER JEFFERS

Pincha na imaxe para ver a curtametraxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario